SERVICIOS DISPOÑIBLES
Educativos: cursos de inglés, francés y alemán.
Negocios: comercio exterior, xestión internacional, traduccións, intérpretes.
SERVICIOS EDUCATIVOS
¿En que horarios existen cursos?
Dependendo do nivel no que se atope disporá de cursos desde as 8.00 am ata as 10.00 pm.
¿Como son os cursos?
Coa nosa metodoloxía, Callan Method™, ten a garantía dunha aprendizaxe rápida, sinxela e práctica. Nada de pasar horas limitado pola pantalla dun ordenador ou facendo exercicios puramente gramaticais. Aprender un idioma é fundamentalmente falalo e entendelo, e ese é o noso primeiro obxectivo, que vostede poida comunicarse activamente no idioma. Poderá ademais escoller entre dúas opcións, clases privadas ou en grupo (máximo 9 persoas por clase).
¿Realmente funciona?
Desde logo. Pero en vez de facerlle promesas de todo tipo, vostede pode comprobalo por si mesmo/a, gratuitamente e sen compromiso ningún. Simplemente solicite asistir a unha clase no noso centro. Vexa como funciona o curso, e de seguro que sae convencido/a.
¿E os prezos?
Os nosos cursos están o alcance de tódolos bolsos. As cotas son fixas e en función do número de clases por semana que reciba, sen sorpresas, mes a mes ata que vostede decida finaliza-lo curso. Lembre, son cotas por mes, non se trata dunha finaciación por un curso completo que terá que pagar lle guste ou non. Vostede remata cando queira, sen máis ataduras.
SERVICIOS DE NEGOCIOS
Non se vexa limitado nos seus negocios polas barreiras idiomáticas. En British Heritage poñemos ó seu dispor un grande equipo de profesionais para todo o que a súa empresa poida necesitar nas súas relacións internacionais. Desde xestiona-las súas comunicacións co estranxeiro ata traductores e intérpretes, pasando por cursos de idiomas para os seus traballadores, coa vantaxe engadida de dispor de todos estes servicios nas súas propias oficinas, sen perdas de tempo e diñeiro en desprazamentos.
Todo o pode obter coa máxima calidade e a prezos escepcionais. Solicite un presuposto á medida das súas necesidades e descanse tranquilo/a mentres a súa empresa crece no exterior.
¿Como obter máis información?
En calquera dos nosos centros darémoslle toda a información que precise. Tamén pode solicitala por teléfono, e-mail ou fax. Estaremos encantados de o/a servir.
SOLICITAR INFORMACIÓN
Resto España e mundo: website:
www.callan.co.uk
|